MUNDO DE SÁlVORA é continucaión do MUNDO DE FISTERRA. THE ALIVE WORLD OF LITERATURE. O MUNDO VIVO DA LITERATURA. TEÑO QUE VALEIRAR "ALGO " MUNDO DE FISTERRA.
viernes, 24 de octubre de 2008
TEMPO
Tempo que andas ao cabalo do tempo,
Tempo voador vixiante e activo,
Suma de tantos menutos inéditos,
Suma de tantas horas decisivas,
Tempo acumulado escrito con altos números,
Tempo que imos queimando o espazo temporal
Tempo que non tes piedade da quietude,
Sempre pasas rápido e bules
E, por veces, eres lentitude constante,
Cando anguria persoal ou colectiva peta no íntimo
Interior onde máis doen as feridas sandantes
Tempo que fas escurecer a cor das pedras milenarias,
Tempo que fas enrrugar a miña faciana madura,
Tempo que crea nacementos ledos, choro e vida,
Tempo que chamas a decadencia da vida enteira,
Tempo que pareces moito máis cá un deus corrente,
Tempo que escrita todas as historias das historias.
Tempo que fas días enteiros e noites perdidas,
Que poderoso eres tempo, e fuxes bulindo
Sen pedir permiso. Ascendas ledicias
E apagas penas tempo sen pedir permiso a ninguén.
Miguel Dubois
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario