Douche as grazas pola cortesía tida,
Polo amor constante demostrado.
Douche as grazas polo ventre hinchado o redondo.
Douche as grazas por compatir o ar quente
De noso coarto amable, cómplice do amor constante.
Douche as grazas polo bico atrevido e insolente.
Polo respecto incautado,
Polo dereito a liberdade constante.
Estimo o ar ceibo perdido no medio do ar voante.
Dou a man au meu paisano contanste, insolente e atrevido.
Pero o ritmo do furacán temeroso,
Habita os espazos baleiros e as verdades asulagadas
De tremendas verdades inmensas,
Grandes como cons enormes e pesados.
Incendio o amor sen lume o amor desherdado
Habito a paixón extrema que me ocupa.
Vivo tocando cada elemento sublime,
Alcanzado pola liberdade voando
Polos aires de tódolos aires habidos.
Son coma a ave que que se libera
Das súas penas planeando
Polos espazos abertos e luminosos.
Miguel Dubois
No hay comentarios:
Publicar un comentario