Unha fonte continúa de palabras miserentas,
A min se achegan no medio dun tempo perdido.
O marmurio miserento,
A falta ao íntegro respecto,
A carencia dunha decencia inúil,
As mentiras decisivas,
Os coitelos cravados tremendos,
As derredeiras palabras pronunciadas
A feito de absurdo, dictado.
Por que chegacache ao que eu non quería,
Por que tocahe a fría planicie do chan chá.
Creías que medrarías pola conta alléa,
Mais a nada chegache,
Nada máis que ser un mundo de mentiras absurdas.
Porque perdiche o teu Norte,
Onde a túa compás perfecto,
U-la túa estrela brilante
Que gardabas agachada no fondo de teu peito fondo.
A procesión dos mentiráns, aqueles que negan a verdade,
Son coma os esperpentos de Valle-Inclán camiñando
Polas Rúas de aquela Vilanova de Arousa.
De que valeu aquel Romance de Lobos,
Aqueles carrreiros absurdos,
No que asustabades a Dona Verdade,
E de que valía a pena Dona Virtudes das Verdades,
Ou dona Esperanza Perfecta.
De nada valeron as Catro Sonatas,
A ledicia literaria,
Para deixar as mentiras tremendas en desuso.
Todo unha triste lembranza de absurdos activos.
Miguel Dubois
No hay comentarios:
Publicar un comentario