Dareiche o meu sorriso cando chores,
Pedierille ao bon Deus que chova,
Cando a calor queimadora,
Remate cós nosos campos secos.
Arrincareiche as penas enteiras
Que che asulaguen,
Venderei os meus bens
Pola túa fermosa libertade,
Hai, amor, que todo o enches
Cóa toda a túa ledicioa constante,
Todo me pareces tí
E cando comezo a noite solitaria,
Afúndome na túa lembranza constante,
Asulagas o meu pensamento
E vas facendo que, de vagar,
A ti me vaia achegando.
O tempo vaise queimando
A vida vai queimando o tempo,
O que nos quede vivámolo
No eido da ledicia constante,
Na tenrura de nosos bicos senlleiros,
Os nosos pensamentos solidarios,
Por aqueles que non teñen
E de abondo sofren inxustiza desconsiderada,
Pr ti amor a liberdade enteira
Por ti, amor os campos ceibos,
A vida pola vida,
O amor pola vida,
Cómo queiras que pretenda entender
O mundo valeiro de amor necesario.
Rexeito o insulto
E todo aquilo que nos faga ser
Fillos miserentos da Nada.
Enche o teu corpo de ledicia viva
Vive sentindo que vives
Para vivir e ser libre.
Miguel Dubois.
No hay comentarios:
Publicar un comentario