Pontevedra, ao 9 de outubro de 2008 Para, Carmela, Sarah, Ana e José Ángel. Pode ser que non sexa moito, Quizáves o máis íntimo de min, O derradeiro sorriso tido. Quizáves sexa o último pranto, A voz oculta agachada No escontide do meu interior. Denantes de nada, coma tí, Son vida que vive a vida, Sen vivir remato, No termo absoluto de min mesmo. Vividor de vida enteira, son eu, Busco o silenzo máis tranquilo, De tódolos barullos existentes. Vestinme de Paz enteira, Espido vou de guerra crudel. Dame "vida" querida, toda a vida enteira Para vivir esta vida absurda De liortas valeiras de contido específico Queremos vivimor quedos, sempre, Nun mundo de esperanza e gratitude. Escachade coas mentiras Eliminade o falso queixume, Cantade a verdade suprema, Ser rebeldes enteiros, Ante termos dictadores Que escachan as cabezas cabales. Querede a meniños e meniñas, Desexosos de todo o voso amor. Profesor ou Profesora querido ou querida, ensinador ou ensinadora. Abrángame coa túa palabra tenra, Coas túas seguras verdades. Dame o amor enteiro, Un cachiño máis do que merezo, Que nalgunha vez me quitan De xeito, totalmente, inxusto. Eu que estou na retaguardia e apartado, Das aulas non de todo cheas E nos recreos cheos de ledicia pura. Desexo para todos vós a verdade enteira, Antre perdas temporáis De xogos verbáis inútiles. Meus queridos/as amigos/as. Miguel Dubois | |||
|
MUNDO DE SÁlVORA é continucaión do MUNDO DE FISTERRA. THE ALIVE WORLD OF LITERATURE. O MUNDO VIVO DA LITERATURA. TEÑO QUE VALEIRAR "ALGO " MUNDO DE FISTERRA.
miércoles, 8 de octubre de 2008
A PAZ SI
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario