miércoles, 22 de agosto de 2012


Click Me!


Click Me!
Click Me!
Click Me!
Pontevedra, ao 4 de agosto de 2012
CAÍDA LIBRE.
Que maior ausencia da dor penetrante,
Que o maior ledicia que o pracer intenso,
Sentir os teus beizos achegados e lentos
Coma unha onda escumosa,
Que agarima a apertura da túa boca feiticeira,
Da luz plena e intensa que proxecta,
A lus penetrante que atravesa
Os cristais transparentes da fiestra mollada,
Do pequeno salón que da ao xardin achegado,
Das frores polícromas, cántico das cores,
Lus fonda, esbarantee desafiante,
Que nos meus ollos craros fítase
Coma un facho de lus intensa e triste.
Bágoas de choiva grosa, pinga suspendida,
Que esbaran no cristal transparente
Que distribue mantos de claridade
Nos lugares máis escuros e tristes.
Como desviarme das palabras auténticas.
Que enchen o carazóns dos homildes,
Como condear o abuso irreverente,
Que enchen de cadeas as mans libres,
Desamárrame, bulindo e non pares,
Desta prisión constante de boitres mercadeiros
Que non saben o que queren,
E que posuén, unha ambición desmesurada,
Que valeiran os puchos furados,
Dos cidadáns que queren ser persóas normais
Cidadáns do día a día,
Denantes que absurdos paxaros carroñeiros,
Qitáranonos os salarios percibidos,
O pasar dos días é lento e os salarios conxeados,
Van perdendo poder adquisitivo,
Namentres outros compañeiros,
Son enviados ao desertos do traballos inexisteantes,
Onde o pó anbandonado é a constante da vida perdida.
Nós ren fixemos, somentes vivimos,
Dos nosos salarios merecedores,
Froito dos nosos traballos,
Carregados de fondo e sacrificio e esforzo constante
E entrega continúa e as palabras imperantes.
Aos nosos queridos meniños e meniñas,
Entregámoslle o noso sorriso aberto e explendido,
Ou a delicia que máis queren,
Darche a miña compresión e o meu amor,
E canto me agasallas por día de clase que che dou,
De que xeito brutal o meu País,
Podería facer o redículo o presuposto educativo,
Reducir a sabedoría e a facer máis longo,
O sufrimento nos hospitais desfavorecidos,
Carencias de persoal cualificado,
Pagar polos servizos grtuitos,
Garantes da nosa saúde,
Alongar un cachiño máis,
A nosa existenciae parece ser,
Que vai perder o sentido gratuito.
Namentras a nosa sociedade absurda,
Vai camiño da desintegración solidaria,
Haberá que ter cartos para amar?
Haberá que ter cartos
Para respirar o ar poluído das cidades?
Perdóeme Señora Angela Merkel:
Non dubidaremos,
Nen por escasos segundos,
Que os excesos pasados
Serán devoltos
Aos Grandes Bancos Alemáns,
Tan, necesitados de activo capital,
Namentras o noso País
Sexa desposuído
De calquera poder económico,
Somentes fica a hestoria curta,
Dos días de Gloria Económica,
As bóas lembranzas,
Do que fomos e xa non somos,
Somos o froito do exceso,
Ao fin do camiño andando
Fíxose un Mundo brutal
De palabras mortas,
E queixumes constantes
Chaman ao silencio salarial imposto.
Miguel Dubois Thenaisie.

viernes, 13 de julio de 2012

O DEREITO A VIVIR "DIGNAMENTE"




Pontevedra, ao 12 de xullo de 2012



O DEREITO A VIVIR "DIGNAMENTE"





Nada fixemos malo,


E sen embargo.............................





Pontevedra, ao 12 de xullo de 2012





O DEREITO A VIVIR "DIGNAMENTE"





Nada fixemos malo,

E sen embargo

Acoden á nos

Como Pobo Soberano,

A arrincarnos o sosego merecido,

Traballadores do cotiá constante,

Suxeitos unha inxustiza tremenda.

Os posuidores da riqueza

Non son chamados nunca,

Polos gobernantes actuais.


Sempre, os febles, os mesmos de sempre,


Os posuidores de cartos gañados


Por mor do sacrificio constante e xenuíno,


Có suor das nosas frontes,

Somos chamados a redución salarial,


Como pequenas formigas produtotoras,


Namentres outras fican sen traballo algún.

Unha rabia tremenda afai-se,

No corazón do pobo enganado e asoballado,

Pagador dos excesos non feitos.

Un discurso incoherente e insolente,

Bate con forza nos tímpanos fríos,

Dos cidadáns correntes,


Mineiros da marcha negra,

Percorren longas distancias,

Para chegar á fachada fachendosa,

Do Ministerio de Industria.

Namentres outros mineiros


Irmás de profesión soterrada,

Péchanse nas entrañas estrañas,

Da terra negra e do carbón.

Un Ministro deshumanizado,

Pronuncia un discurso nefasto.


Pouco lle importa ao político,

As perdas traballo prometidos,

Nas concas mineiras esquencedizas,

Non lle importa a súas donas desesperadas,

Os seus fillos desesperados.


Que polo inverno acoden as súas escolas,


Non moi afastados das subterráneas minas,


Que son os subento da familia enteira,

Por mor das perdas laborais mineiras.

A Sociedade deshumanizada, actúa,


E dita leis es tremendas de peches non queridos,

No que homes e mulleres,

Perdemos a esperanza tida, antes,


Por un Mundo mellor e máis xusto,


Fixémonos homes e mulleres ruíns,


Que parecen aledarse do mal alleo,


Con tal que triunfe a súa política tremenda,


De constantes restas e carencias indesexábeis,


Tremendo é o que se ri do sufrimento alleo,


Tremendas son esas doses tremendas,


Concretas de puro sa do masoquismo.


Permanecen indiferentes as necesidade dos outros,


No máis fondo de nós mesmos,


E afacémonos en seres egoístas constantes,


Xenuínos creadores da perversión e o odio,


Que so mentes miramos ás nosas propias,


Miserias, que non son máis que,


O froito do noso egoísmo contundente,


Froito da irracionalidade humana.


Calculadoras perfectas de números contables,


Restan o poder adquisitivo,


Dun pobo que perde, inxustamente,


Os dereitos merecidos,


Namentres parlamentarios inauditos,


No Congreso dos Deputados,


Insultan aos necesitados seres humanos,


Froito do abuso inaudito,


Que conduce ao país enteiro


A un calexón sen saída,


Ese cú-de-sac que é o número negativo.


Esa constante resta absurda,


Que lévanos camiños da desesperación,


Da necesidade extrema do abandono,


Dun posto de traballo gañado con constante


Ec ontundente, foito do sacrificio,


Esforzo sepultado con palabras expresas,


Valeiras de contido humano.


Va leirar e va leirar para non medrar,


E ser desposuídos dos nosos dereitos


Máis elementais e fundamentais.


O dereito a vivir dignamente.






Miguel Dubois Thenaisie.