jueves, 16 de octubre de 2008

POEMA A MIÑA AMIGA

Sentin que non sentía nada de nada,

Que non pertencia ao Mundo que pertencera,

Sentín o sen sentido dunha palabra rota,

Ou sentín a chamada dun laio tremendo e extrano,

De súpeto era coma se fora noite pecha,

E penduraba o meu corzaón, coma colgado do meu peito ferido.

Que dificil era comprender que podería producirse,

Aquela ausencia querida con cheiro a primaveira feresca,

Sentín coma se bateran no meu interior

Con verbas tristes de repetida ausencia.

Non era decían , pero de seguro será,

E entón eu ía perdendo o discurso da plabra íntegra,

E as veces a mirada chea de vida enteira,

E as veces choraba fervenzas de bágoas constantes.

Que duro nun intre se me afacía todo,

Que insoportable se ma facía o verbo sorportar,

Era entón cando estouraba no verbo chorar,

E non sabía se  a hora chegaba.

Non sabía os límites do sufrimente.

Sentía unha poderosa frustación real,

Ante a miña total impotencia,

De devolvela ao Mundo,

Si, Ela grata e maravillosa

Có sorriso nos beizos belos

Porque eu tamén te quero.




                  Miguel    Dubois

No hay comentarios: